Formación
A Cátedra despregará unha intensa actividade de carácter formativo, a tres niveles:
Formación predoutoral
– Microcredenciais que conducen á obtención dun «Nano máster en IA e Algoritmos Verdes para a Sustentabilidade». Está formación está dirixida tanto a estudantes de grao, graduados, estudantes de Máster, investigadores (postDocs), persoal de xestión da investigación e profesionais
– Programas de Doutoramento. Incluiranse nos programas actualmente existentes no ámbito da Computación e a Intelixencia Artificial da UDC sublíneas ou módulos específicos relativos ao factor da sustentabilidade e os algoritmos verdes. A presenza destacada desta temática nos programas permitirá aos estudantes profundar no coñecemento das técnicas e ferramentas necesarias para abordar estes desafíos de maneira efectiva, e así formar á próxima xeración de expertos neste campo en crecemento. Esta acción proporcionará a base para levar a cabo unha investigación de vangarda no ámbito da IA verde, contribuíndo a impulsar a innovación e o avance tecnolóxico neste campo.
Formación postdoutoral
– A investigación avanzada e a formación en técnicas e ferramentas de IA verde. A Cátedra sufraga a contratación de investigadores postdoutorais e predoctorais, que desenvolverán proxectos de investigación de vangarda no campo da IA e algoritmos verdes, supervisados por expertos do equipo.
Formación profesional e formación continua
– Curso experto en “IA verde: deseñando solucións sostibles para o futuro». A Cátedra prevé o lanzamento da primeira edición desta formación no curso 2025-2026. Está destinado tanto para empresas e organizacións que desexen recalificar (reskilling) ou mellorar ou adquirir novas habilidades (upskilling) do seu persoal en IA verde, como para graduados ou investigadores en disciplinas asociadas ás TIC, enxeñerías e ciencias sociais que desexen desenvolverse ou especializarse profesionalmente neste campo.
O curso experto en IA verde foi deseñado cun enfoque práctico en busca da adquisición de habilidades e coñecementos avanzados en áreas específicas como o desenvolvemento de algoritmos verdes, a optimización de hardware e software, a toma de decisións éticas e a aplicación da IA verde en diferentes sectores industriais. Ademais, o curso incluirá prácticas utilizando datos de proxectos reais.
– Ciclo de conferencias. A Cátedra puxo en marcha a primeira edición do seu ciclo “Converxencia Verde para un futuro sostible”. As conferencias, impartidas por persoas expertas científicas, profesionais, representantes de empresas e responsables do sector público con competencias relacionadas coas temáticas da dixitalización e a sustentabilidade, proporcionarán unha panorámica da situación actual, as necesidades existentes -tecnolóxicas, regulatorias, éticas, económicas e sociais- e as solucións propostas desde unha perspectiva ampla, diversa e multidisciplinar.