Simposio en Intelixencia Artificial Verde

25 e 26 de novembro de 2025 – CITIC, A Coruña

O Simposio en Intelixencia Artificial Verde é unha iniciativa impulsada pola Cátedra Inditex-UDC en Algoritmos Verdes que se celebrará os días 25 e 26 de novembro de 2025 no CITIC da Universidade da Coruña. O evento desenvolverase en modalidade híbrida, con sesións presenciais na Coruña e acceso virtual para participantes remotos.

O simposio nace co obxectivo de xerar un espazo de encontro entre comunidade investigadora, sector empresarial e institucións para abordar os desafíos actuais da Intelixencia Artificial desde unha perspectiva de sustentabilidade e compromiso ambiental.

O cambio climático afecta de maneira transversal ás nosas sociedades, e a actividade computacional —incluíndo os modelos de IA e os centros de datos— é xa unha fonte significativa de emisións de gases de efecto invernadoiro. Fronte a este reto, a Cátedra propón un enfoque multidisciplinar e cooperativo que permita avanzar cara a algoritmos máis sostibles, modelos energéticamente eficientes e aplicacións que contribúan activamente á loita contra a crise climática.

Conferencias convidadas

O simposio contará con relatores destacados a nivel internacional que achegarán unha visión crítica e multidisciplinar sobre os retos e oportunidades da IA no desenvolvemento sostible.

  • Aimee van Wynsberghe. Profesora Alexander von Humboldt en Ética Aplicada en Intelixencia Artificial, directora do Institute for Science and Ethics (Universidade de Bonn) e fundadora do Bonn Sustainable AI Lab.
  • Lorenzo Cotino Óso. Presidente da Axencia Española de Protección de Datos e catedrático de Dereito Constitucional na Universitat de València.
  • Mar Santamaria-Varas. Arquitecta e cofundadora de 300.000 Km/s, especializada en planificación urbana, políticas públicas e sustentabilidade.
  • Ana Valdivia. Profesora e investigadora en Intelixencia Artificial (IA), Goberno e Política no Oxford Internet Institute (OII).

Contribucións

O simposio abre a súa convocatoria de contribucións para investigadores, profesionais e estudantes interesados en explorar o potencial da IA para a sustentabilidade.

Aceptaranse contribucións en formato de comunicación oral ou póster, cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. Valoraranse propostas de investigación, desenvolvementos técnicos, aplicacións prácticas e reflexións éticas ou sociais.

As persoas interesadas en participar deberán enviar un resumo (abstract) dun máximo de 800 caracteres, indicando a área temática do seu traballo, a través do formulario que se habilitará proximamente. Aceptaranse propostas redactadas en galego, español ou inglés.

Cada proposta será avaliada por dous membros do Comité Científico, que valorarán a súa calidade e adecuación temática, e propoñerán a súa modalidade de presentación: comunicación oral ou póster. Tamén se contemplará a posibilidade de rexeitar propostas que non se axusten ao enfoque do simposio.

As persoas cuxas propostas sexan seleccionadas deberán enviar un traballo cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. As instrucións detalladas para a preparación dos traballos publicaranse tras a notificación de aceptación.

Tanto as comunicacións orais como os pósteres poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do simposio: galego, español ou inglés.

Priorizaranse propostas aliñadas coas liñas de investigación da Cátedra, entre as que se inclúen:

  • Algoritmos energéticamente eficientes: Baixa resolución, HPC, computación no bordo, aprendizaxe federada, computación cuántica, estruturas de datos compactas, PLN eficiente.
  • IA para eficiencia enerxética e sustentabilidade: Movilidad, edificios intelixentes, simulación de comportamentos sociais, economía circular, aplicación da IA en sectores estratéxicos.
  • Robótica sostible: Interacción ambiental, produción verde, eficiencia en hardware e software embebido.
  • Implicacións éticas, sociais e económicas dos algoritmos verdes: Avaliación de impacto, gobernanza algorítmica, xustiza e sustentabilidade desde a IA.

Datas clave

Apertura do envío de abstracts1 de xullo de 2025
Data límite para envío de abstracts19 de setembro de 2025
Notificación de aceptación10 de outubro de 2025
Envío do traballo completo (máx. 2 páxinas)24 de outubro de 2025
Rexistro anticipadoAta o 31 de outubro de 2025
Rexistro xeralAta o 20 de novembro de 2025

Rexistro

A participación no simposio é gratuíta, pero require inscrición previa. O formulario de rexistro estará dispoñible a partir de setembro de 2025.

Premios

Proximamente anunciaranse as características dos premios

Xestión do evento

Verónica Bolón Canedo
Laura Morán Fernández
Xosé Manuel García García
María Merelas Ares
Amparo Alonso Betanzos
Jorge González Domínguez
Susana Ladra González
Isabel Novo Cortí
José Pernas García
Francisco José Rey Vizoso
Jorge Rodríguez Álvarez

Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes

Centro de Investigación TIC
Campus de Elviña s/n – 15071 A Coruña – España

simposio.algoritmos.verdes@udc.gal 

Programa do evento

Presentación

09:00 h – 09:30 h Rexistro (CITIC. Planta 0. Hall).

09:30 h – 09:50 h Sesión de apertura (CITIC. Planta 1. Sala Cloud).

10:00 h – 10:50 h Sesión plenaria (CITIC. Planta 1. Sala Cloud).

11:00 h – 12:00 h Comunicacións orais

Comunicaciones

Moderadora: Hilda Romero Velo.

  • 11:00 – 11:10h. “Open soruce simulator of a control system based on EEG signals”. Pelayo Vieites Pérez, Adriana Dapena and Francisco Laport.
  • 11:10 – 11:20h. “Efectos de ajuste de híper-parámetros sobre explicabilidad local en el contexto de la detección de anomalías”. David Esteban Martínez, Bertha Guijarro-Berdiñas, Amparo Alonso-Betanzos and Carlos Eiras Franco.
  • 11:20 – 11:30h. “Análisis de transferencia en detección de acciones en fútbol a diferentes dominios”. Bruno Cabado, Bertha Guijarro-Berdiñas and Emilio J. Padrón.
  • 11:30 – 11:40h. “Astrocytes in Artificial Intelligence: Boosting Neural Networks with Biologically Inspired Models”. Ana Ribas-Rodriguez, Adrian Villegas-Duque, Sara Alvarez-Gonzalez and Francisco Cedron.
  • 11:40 – 11:50h. “Estimación da cardiotoxicidade en doentes de cancro de mama empregando presuavización e modelos de curación”. Samuel Saavedra Martínez, Ana López Cheda and María Amalia Jácome Pumar.
  • 11:50 – 12:00h. “Simulation of fluid flow through composite materials”. María González Taboada and Hiram Varela Rodríguez. 

12:00 h – 12:30 h Café networking (CITIC. Planta 0. Hall).