A Cátedra participa no Día da Ciencia na Rúa e CullerCiencia 2025
A Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes participou, conxuntamente co CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña, no nutrido despregamento da Universidade da Coruña no Día da Ciencia na Rúa 2025.
Alí estiveron, entre outros, Olga Zamaraeva, Daniel García González e Francisco Rey Vizoso. Encantados de tomar parte destas xornadas nas que a Ciencia, o Coñecemento e a Tecnoloxía saen do laboratorio para explicarse, permitindo que as persoas que investigan e a cidadanía (especialmente os nenos, que neste Día da Ciencia sempre son maioría) poidan atoparse, gozar sorprendendo, e facer moitas preguntas. Un día máxico, no que a IA e os Algoritmos Verdes estiveron un pouco máis preto de toda a xente que se achegou ata Santa Margarita.
Para continuar coa actividade de divulgación nas feiras científicas, a Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes participou na VII edición de CullerCiencia, que contou con 35 carpas dedicadas á divulgación (unha delas, a do CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña da Universidade da Coruña), instaladas no Burgo.
Nesta ocasión, fixeron de cicerones os nosos compañeiros Eva Soto, María Merelas Ares e Daniel Vila da Cruz, quen estivo explicando a importancia dos factores de eficiencia en computación e o seu impacto en termos de sustentabilidade