Adina Dumitru, elexida Vicepresidenta do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente
Estamos encantados de contarvos que Adina Dumitru, membro do equipo de investigación da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes , ten sido elixida como unha das dúas Vicepresidentas do Comité científico da Axencia Europea de Medioambiente.
A profesora Dumitru fóra recentemente incorporada a este comité asesor de alto nivel, e agora ten sido elixida Vicepresidenta polos seus colegas, integrantes do mesmo. Estamos orgullosos por este recoñecemento, e convencidos das relevantes contribucións que con certeza achegará no seu novo cargo.