Amparo Alonso, membro do equipo HispanIA para analizar oportunidades e retos da IA

HispanIA é un equipo de traballo promovido desde a Oficina Nacional de Prospectiva (dependente da Presidencia do Goberno), co obxectivo de analizar as oportunidades e retos que presenta o despregamento da IA para afrontar os cinco principais desafíos que ten a sociedade española a longo prazo:

– A modernización do tecido produtivo

– O fortaleciomiento do estado de benestar

– O alcance da sustentabilidade ambiental

– O reforzo dos sistemas de seguridade e defensa

– A redución da desigualdade

O equipo redactor do Estudo HispanIA 2040 está integrado por 12 persoas expertas, que en colaboración con varios organismos levaron a cabo esta análise estratéxica sobre a aplicación desta tecnoloxía.

Forma parte desta reducida relación de expertos Amparo Alonso, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, e investigadora da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes.

Podes acceder ao Estudo nesta ligazón.