A Cátedra INDITEX-UDC na 3ª edición de S4I - Science for Industry
A Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes participou esta semana na 3a edición de S4i | Science for Industry, feira que reúne a entidades de coñecemento, capital risco, empresas tractoras, administracións e empresas baseadas en coñecemento, e que se celebra con periodicidade anual en Madrid, organizada pola Universidade Autónoma de Madrid e BeAble Capital.
Xosé Manuel García, responsable de Innovación da Cátedra, presentou a nosas liñas de investigación, actividade e oferta de servizos a entidades interesadas nos factores de sustentabilidade ligados ao despregamento da Intelixencia Artificial.
Partillamos esta experiencia cos representantes do CITIC (Javier Garrido Barral), da Rede de Centros e Unidades de I+D+i (Faustino Infante Roura), Daniel Torrecilla (CICA) e outras entidades de coñecemento pertencentes ao ecosistema galego, no seo da delegación promovida desde a GAIN – Axencia Galega de Innovación.