Conferencia de Ignasi Belda: "AI que regulala?

3 de outubro ás 10:00 hrs.

Ignasi Belda - ¿AI que regularla?

O pasado venres, a Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes tivo o gusto de acoller na Facultade Informática da Universidade da Coruña a conferencia de Ignasi Belda, director da AESIA – Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial.

O relator fixo unha análise do Regulamento de Intelixencia Artificial 2024/1689 UE e das súas implicacións, en cuxa aplicación a AESIA xoga un rol determinante, como entidade de supervisión do seu cumprimento. A norma parte dos principios dunha IA fiable e segura, cunha regulación sólida na protección dos dereitos fundamentais da cidadanía, un aspecto no que a nosa Cátedra vén traballando desde a súa Liña 4 de investigación.

Foi unha sesión cunha intensa participación do público, que formulou numerosas preguntas sobre diversos aspectos e casos de aplicación do RIA, evidenciando o interese e transcendencia da regulación non só para o seu uso e explotación no ámbito social e económico, senón tamén na investigación. .

Venres 3 de outubro ás 10:00 hrs

Na Facultade de Informática da Universidade da Coruña

Galería de imaxes