2 de marzo ás 12:00 hrs.
No ciclo Converxencia verde: IA para un futuro sustentable da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes, tivemos a sorte de contar con Maria Teresa Serrano Gotarredona, investigadora do CSIC, onde é directora do Instituto de Microelectrónica de Sevilla, e posuidora dunha importante traxectoria científica internacional, á que se unen cargos institucionais como o seu paso pola Junta de Andalucía como Directora Xeral de Investigación e Transferencia do Coñecemento.
Teresa falounos deunos unha evidencia da vixencia da observación da natureza como fonte para o avance do coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico. A enxeñaría neuromórfica reproduce o funcionamento da retina e o cerebro humanos, para desenvolver aplicacións de visión por computador.
A relatora desenvolveu o emprego de redes neuronais de picos (SNN), e o funcionamento dos sensores dinámicos de visión (DVS) e sistemas de recoñecemento de Alta Velocidade. Tamén debullou os problemas que xorden no deseño destes sistemas, e o impacto das solucións bioinspiradas, que en moitos casos permiten un desempeño máis eficiente.
Un inspirador relatorio, que espertou moito interese na audiencia.
Luns 2 de marzo ás 12:00 hrs
No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)