Éxito de participación na enquisa sobre IA e medioambiente impulsada pola Cátedra

Deixástesnos sen palabras!

Máis de 1.500 persoas teñen partillado a súa visión sobre o futuro dunha Intelixencia Artificial máis sostible, tomando parte no cuestionario lanzado desde a Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes.

Ao longo de case dous meses, puxemos en marcha unha iniciativa para recoller percepcións, coñecementos e preocupacións arredor dos impactos (ambientais, sociais,…) das tecnoloxías baseadas na IA. E o resultado ten desbordado todas as nosas expectativas: unha resposta masiva, diversa e chea de matices.

Como percebe a cidadanía a relación entre IA e sustentabilidade? Até que punto entendemos o que hai detrás destas tecnoloxías? E que criterios deberiamos ter en conta ao desenvolvelas e empregalas?

Nas vindeiras semanas publicaremos na nosa web un informe completo con todos os datos, análises e conclusións. Pero xa podemos adiantarvos que os resultados debuxan un panorama tan revelador como necesario.

Seleccionamos algúns datos clave para compartir neste post a xeito de adianto. Dados que sorprenden, interpelan e que —cremos— convidan a cavilar na dirección que queremos tomar como sociedade.

POST ENCUESTA CI

A todas as persoas que participastes: moitas grazas por facer posible esta reflexión colectiva!

Galería de imaxes