Cara unha intelixencia artificial medioambientalmente sostible

27 de xaneiro ás 12:00 hrs.

Jose Duato - Hacia una inteligencia artificial medioambientalmente sostenible

Este luns na Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes celebramos a segunda conferencia do noso ciclo, para a cal tivemos o pracer de recibir a José Duato, da empresa Qsimov Quantum Computing.

O relatorio de José Duato permitiu trasladar á nutrida audiencia as implicacións da utilización da computación de modo intensivo, e ao mesmo tempo, o desenvolvemento avanzado en ferramentas de eficiencia, quen de minimizar o inxente consumo de recursos que lle é inherente.

O Ciclo “Converxencia verde para un futuro sustentable” pretende achegar á sociedade diferentes perspectivas sobre as implicacións que en materia de sustentabilidade ten o despregamento da Intelixencia Artificial.

Luns 27 de xaneiro ás 12:00 hrs

No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)

Galería de imaxes