Nova sesión do Ciclo de conferencias con Marina Otero: "Nas profundidades da nube"

6 de xuño ás 12:00 hrs.

Foto conferencia Marina Blanco y negro

O pasado venres recibimos a Marina Otero Verzier no Ciclo de Conferencias da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes.

Marina, arquitecta e profesora nas universidades de Columbia e Harvard, falounos sobre os temas que ocupan a súa investigación: a necesidade dun uso de datos consciente, as implicacións que o noso comportamento dixital implica en materia de consumo de recursos, e a importancia dunha arquitectura e deseño axeitados dos centros de datos, que inclúan plans estratéxicos sobre o seu impacto medioambiental.

Unha visión formulada desde a Arquitectura, e unha conferencia de moitísimo interese.

Venres 6 de xuño ás 12:00 hrs

No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)

Galería de imaxes