Presentación da Cátedra no evento do Plan Nacional de Algoritmos Verdes
Xosé Manuel García, responsable de Innovación da Cátedra presentou a actividade da mesma no evento Green AI: o Futuro sostible da Intelixencia Artificial, organizado polo PNAV en Madrid. Conxuntamente con representantes do Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, así como con representantes do ámbito empresarial como Iberdrola Enxeñería, GMAV ou Siemens, o noso compañeiro expuxo as liñas de traballo da Cátedra, obxectivos e impacto pretendidos, así como os resultados que xa se están producindo.