Simposio en Intelixencia Artificial Verde
Simposio en Intelixencia Artificial Verde
O Simposio en Intelixencia Artificial Verde é unha iniciativa impulsada pola Cátedra Inditex-UDC en Algoritmos Verdes que se celebrará os días 25 e 26 de novembro de 2025 no CITIC da Universidade da Coruña. O evento desenvolverase en modalidade híbrida, con sesións presenciais na Coruña e acceso virtual para participantes remotos.
O simposio nace co obxectivo de xerar un espazo de encontro entre comunidade investigadora, sector empresarial e institucións para abordar os desafíos actuais da Intelixencia Artificial desde unha perspectiva de sustentabilidade e compromiso ambiental.
O cambio climático afecta de maneira transversal ás nosas sociedades, e a actividade computacional —incluíndo os modelos de IA e os centros de datos— é xa unha fonte significativa de emisións de gases de efecto invernadoiro. Fronte a este reto, a Cátedra propón un enfoque multidisciplinar e cooperativo que permita avanzar cara a algoritmos máis sostibles, modelos energéticamente eficientes e aplicacións que contribúan activamente á loita contra a crise climática.
Conferencias convidadas
O simposio contará con relatores destacados a nivel internacional que achegarán unha visión crítica e multidisciplinar sobre os retos e oportunidades da IA no desenvolvemento sostible.
- Aimee van Wynsberghe. Profesora Alexander von Humboldt en Ética Aplicada en Intelixencia Artificial, directora do Institute for Science and Ethics (Universidade de Bonn) e fundadora do Bonn Sustainable AI Lab.
- Lorenzo Cotino Óso. Presidente da Axencia Española de Protección de Datos e catedrático de Dereito Constitucional na Universitat de València.
- Mar Santamaria-Varas. Arquitecta e cofundadora de 300.000 Km/s, especializada en planificación urbana, políticas públicas e sustentabilidade.
- Ana Valdivia. Profesora e investigadora en Intelixencia Artificial (IA), Goberno e Política no Oxford Internet Institute (OII).
Contribucións
O simposio abre a súa convocatoria de contribucións para investigadores, profesionais e estudantes interesados en explorar o potencial da IA para a sustentabilidade.
Aceptaranse contribucións en formato de comunicación oral ou póster, cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. Valoraranse propostas de investigación, desenvolvementos técnicos, aplicacións prácticas e reflexións éticas ou sociais.
As persoas interesadas en participar deberán enviar un resumo (abstract) dun máximo de 800 caracteres, indicando a área temática do seu traballo, a través do formulario que se habilitará proximamente. Aceptaranse propostas redactadas en galego, español ou inglés.
Cada proposta será avaliada por dous membros do Comité Científico, que valorarán a súa calidade e adecuación temática, e propoñerán a súa modalidade de presentación: comunicación oral ou póster. Tamén se contemplará a posibilidade de rexeitar propostas que non se axusten ao enfoque do simposio.
As persoas cuxas propostas sexan seleccionadas deberán enviar un traballo cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. As instrucións detalladas para a preparación dos traballos publicaranse tras a notificación de aceptación.
Tanto as comunicacións orais como os pósteres poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do simposio: galego, español ou inglés.
Priorizaranse propostas aliñadas coas liñas de investigación da Cátedra, entre as que se inclúen:
- Algoritmos energéticamente eficientes: Baixa resolución, HPC, computación no bordo, aprendizaxe federada, computación cuántica, estruturas de datos compactas, PLN eficiente.
- IA para eficiencia enerxética e sustentabilidade: Movilidad, edificios intelixentes, simulación de comportamentos sociais, economía circular, aplicación da IA en sectores estratéxicos.
- Robótica sostible: Interacción ambiental, produción verde, eficiencia en hardware e software embebido.
- Implicacións éticas, sociais e económicas dos algoritmos verdes: Avaliación de impacto, gobernanza algorítmica, xustiza e sustentabilidade desde a IA.
9:00-9:30 Rexistro e acreditación
09:30 Acto de Benvenida e inauguración institucional
10:00 Keynote speaker nº1
Aimee Van Wynsberghe (University of Bonn)
11:00 Tic talk IA Verde (novos investigadores CITIC)
Olga Zamaraeva (Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes)
Daniel García (Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes)
11:30 Café
12:00 Comunicacións orais
13:30-15:00 Descanso comida
15:00 Keynote speaker nº2
Ana Valdivia (Oxford Internet Institute)
16:00 Mesa redonda empresas – Os Centros de Proceso de Datos
17:00 Sesión pósters + café
18:00 Peche sesión día 1
09:30 Keynote speaker nº3
Mar Santamaría Varas (300.000 Kms/s)
10:30 O Programa Nacional de Algoritmos Verdes (PNAV)
David Gómez Cordero. Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial
Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública. Goberno de España.
11:30 Café
12:00 Mesa redonda Real Academia de Ingeniería (RAING)
13:00 Presentación de resultados proxectos de Ciencia Cidadá da Cátedra:
Francisco Rey Vizoso (Cátedra UDC-ITX IA en Algoritmos Verdes)
Beatriz Vázquez Guimeráns (Ingenyus)
13:30-15:00 Descanso comida
15:00 Keynote speaker nº4
Lorenzo Cotino Hueso (Presidente da Axencia Española de Protección de Datos AEPD)
16:00 Seminario sobre Impacto legal, económico e regulatorio da IA Verde.
Julián Valero (Universidade de Murcia)
Fernando González Laxe (Universidade da Coruña)
Enrique Calvo Cádiz (Axencia Española de Supervisión de IA – AESIA)
17:00 Comunicacións orais
18:00 Clausura
Datas clave
Apertura do envío de abstracts | 1 de xullo de 2025 |
---|---|
Data límite para envío de abstracts | 19 de setembro de 2025 |
Notificación de aceptación | 10 de outubro de 2025 |
Envío do traballo completo (máx. 2 páxinas) | 24 de outubro de 2025 |
Rexistro anticipado | Ata o 31 de outubro de 2025 |
Rexistro xeral | Ata o 20 de novembro de 2025 |
Rexistro
A participación no simposio é gratuíta, pero require inscrición previa. O formulario de rexistro xa se atopa dispoñible, preme o botón para inscribirte como asistente.
Premios
Co obxectivo de recoñecer o traballo de investigación máis relevante e orixinal, o Simposio en Intelixencia Artificial Verde outorgará tres premios ás mellores contribucións presentadas nas seguintes categorías:
- Premio Green-in: Á mellor contribución centrada en algoritmos energéticamente eficientes ou estratexias que reduzan a pegada de carbono da Intelixencia Artificial.
- Premio Green-by: Á mellor contribución que utilice a IA como ferramenta para promover a sustentabilidade e o desenvolvemento de aplicacións con impacto positivo no medio ambiente, a eficiencia enerxética ou a planificación urbana.
- Premio ás Implicacións Éticas, Sociais e Económicas: Á mellor contribución que aborde de maneira crítica e rigorosa os aspectos éticos, sociais ou económicos vinculados ao desenvolvemento e despregamento de algoritmos verdes.
Os premios anunciaranse na sesión de clausura do evento e farase entrega dun diploma acreditativo.
Xestión do evento
Verónica Bolón Canedo
Laura Morán Fernández
Xosé Manuel García García
María Merelas Ares
Amparo Alonso Betanzos
Jorge González Domínguez
Susana Ladra González
Isabel Novo Cortí
José Pernas García
Francisco José Rey Vizoso
Jorge Rodríguez Álvarez
Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes
Centro de Investigación TIC
Campus de Elviña s/n – 15071 A Coruña – España