Ciclo de conferencias: "Converxencia verde: IA para un futuro sustentable"

7 de marzo ás 12:00 hrs.

Coral Calero - Conferencia con Verónica y Laura

O pasado venres 7 de marzo, na Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes temos acollido a terceira conferencia do noso ciclo, que correu á conta de Coral Calero, catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da ESI da Universidad de Castilla-La Mancha. A profesora Calero é así mesmo membro do Comité Español de Ética na Investigación, dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Foi unha viaxe fantástica pola investigación en Computación Sustentable, eido no que Coral ten sido unha das pioneiras. Houbo lugar para debullar os conceptos de Software verde, Software sustentable e Computación Sustentable, entender a dimensión do impacto das TICs en consumo enerxético, a necesidade da súa medición e os mecanismos para levala a cabo mediante un proceso fiable e preciso. Tamén para momentos moi gráficos de ilustración do noso consumo cotián, e a súa vinculación ao tipo de actividade que levamos a cabo -por exemplo- nas redes sociais

Venres 7 de marzo ás 12:00 hrs

No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)

Galería de imaxes