Investigadoras da Cátedra participan no workshop internacional centrado na computación aplicada ao experimento LHCb do CERN
A pasada semana, a UDC organizou un workshop internacional centrado na computación aplicada ao experimento LHCb (Large Hadron Collider beauty) do CERN.
Este evento reuniu a 50 científicos de diversas nacionalidades, incluíndo 15 expertos en computación do propio CERN, e tratou temas como o HPC con GPU, a simulación de procesos físicos e o uso da IA no tratamento de datos (topics fundamentais para o éxito do experimento LHCb, que require unha enorme capacidade de computación para a análise dos datos obtidos nas investigacións sobre partículas subatómicas).
Entre as conferenciantes que participaron neste evento figuraron Susana Ladra e Verónica Bolón, que forman parte do equipo de investigación da Cátedra, e que compartiron a súa experiencia e coñecemento sobre as últimas tendencias en computación aplicada.