A Intelixencia artificial (IA) está cada vez máis presente na nosa vida diaria. Desde as recomendacións que vemos nas plataformas dixitais ata os asistentes de voz que usamos no día a día, a IA fai que todo sexa máis rápido, eficiente e accesible.
Grazas á participación cidadá no cuestionario que puxemos ao dispor durante as últimas semanas —e que xa se atopa pechado—, recollemos máis de 1.500 respostas. Esta ampla mostra permítenos comprender como se percibe a intelixencia artificial desde distintas idades, niveis educativos e sectores profesionais.
A análise destes datos ofrécenos unha visión máis clara de como a sociedade entende e valora o impacto da IA, así como do consenso crecente sobre a necesidade de educar, regular e esixir maior compromiso ás grandes tecnolóxicas.
Este informe non só presenta datos: abre unha conversación urxente sobre o equilibrio entre innovación e sustentabilidade na era dixital.
Xa podes consultar os resultados do cuestionario e descubrir como percibimos a relación entre IA e sustentabilidade
Participantes
Cambiaría a súa percepción sobre a IA se se confirmase o seu impacto climático
Usa tecnoloxías baseadas na IA sen saber realmente como funcionan
Os homes afirmaron ter coñecementos altos en IA, case tres veces máis que as mulleres
Os avances en intelixencia artificial transformaron a nosa vida diaria, pero somos realmente conscientes do impacto ambiental que implica o seu desenvolvemento e uso?
Tras reflexionar sobre a túa percepción no noso formulario, é momento de profundar na realidade detrás do impacto ecolóxico da IA e as solucións que se están explorando.
Invitámoste a seguir explorando este tema en profundidade co seguinte vídeo:
Equilibrar a innovación tecnolóxica coa sustentabilidade é posible.
E está nas nosas mans.