Grupo focal: 9 voces, unha conversa... e moitas condicións

Tras unha consulta con máis de 1500 participantes o proxecto de ciencia cidadá abriu unha segunda fase cualitativa para debater, escoitar e contrastar que entende a cidadanía por IA verde, en quen confía para desenvolvela e que condicións esixe para aceptala.

A conversa empezou con palabras positivas: rapidez, alivio, axuda, satisfacción.
Pero aos poucos minutos apareceron outras: culpa, frustración, dependencia, irreversibilidade.
A IA non se percibe como unha ferramenta neutral. Úsase porque funciona, pero tamén xera moitas dúbidas sobre o que delegamos, o que deixamos de exercitar e o que non vemos.
A pregunta xa non é se a IA serve… A pregunta é que custo ten usala.

Unha idea que atravesou o inicio da sesión: a experiencia coa IA depende tanto da ferramenta como de quen a utiliza.
Quen sabe preguntar, contrastar e supervisar obtén mellores resultados. Quen non, pode quedar atrapado entre respostas convincentes, erros invisibles e unha falsa sensación de dominio.

A IA axuda pero non tranquiliza

Sen alfabetización, non hai negocio

“Verde” non basta

Confiamos máis en quen non parece vendela

A IA Verde tamén ten que ser xusta

Os escenarios debatidos mostraron que un proxecto de IA non se acepta automaticamente por presentarse como sostible.
O grupo reclamou condicións: A sustentabilidade importa.
Pero non substitúe á seguridade, a utilidade nin a xustiza territorial.

PROXIMAMENTE Todos os resultados na nosa web!