A Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes presente en S4I - Science for Industry
Unha representación da nosa Cátedra asistiu a este evento, dentro da delegación galega promovida e organizada desde a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia. S4i permite a presentación dos resultados de I+D por parte das diferentes entidades que traballan co coñecemento, así como a exposición das necesidades e retos que en materia de innovación ten a industria.
Ao longo da feira, desenvolvemos unha intensa axenda de contactos e presentación da actividade da Cátedra e os seus resultados con axentes interesados na utilización dunha IA máis eficiente, e con menor impacto medioambiental. Puidemos asistir tamén a inspiradoras presentacións centradas na actualidade tecnolóxica, avaliación das políticas de transferencia de tecnoloxía e o fomento da colaboración público-privada.
Neste evento estiveron tamén presentes os nosos compañeiros do CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña, da UDC Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC), do Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña) e da RedCIDi da Universidade da Coruña.