28 de xaneiro ás 12:00 hrs.
O pasado 28 de xaneiro celebramos unha nova conferencia do ciclo Converxencia Verde: IA para un futuro sustentable organizado por la Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes, no que tentamos ofrecer ao público perfís científicos e profesionais de distintos ámbitos e temáticas relacionadas coa IA verde.
Nesta sesión, o profesor da UCIIIM, Rubén Cuevas Rumín, participou como CEO da compañía Hiili. Esta empresa ten desenvolvido aplicacións como GreenBrain AI, quen de detectar o modelo de IA máis axeitado cando o usuario fai unha consulta, en base a criterios de rendemento, emisións de CO₂ e custo económico, así como outras ferramentas de análise de emisións de CO2 xeradas polo uso de modelos de IA xenerativa.
O obxectivo destas iniciativas é fomentar un uso máis eficiente e responsable da intelixencia artificial, así como divulgar sobre o seu impacto medioambiental.
Mércores 28 de xaneiro ás 12:00 hrs
No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)