Verónica Bolón participa no I Encontro Mulleres e Tecnoloxía

Verónica Bolón Canedo, directora da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes, tomou parte no I encontro “Mujeres y Tecnología”, organizado polo Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, Red.es e a AESIA – Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial.

Verónica participou nunha mesa centrada no nesgo de xénero na IA, conxuntamente con María Esteller Fernández, da AESIA e Lourdes Muñoz Santamaria, de Iniciativa Open Data. A mesa foi moderada pola xornalista científica Mónica González.

Deixámosvos o link á gravación integral do evento, polo seu interese. A mesa á cal facemos referencia comeza na metraxe 01:56:00.

I Encuentro Mujeres y Tecnología

Galería de imaxes