II Simposio en Intelixencia Artificial Verde
II Simposio en Intelixencia Artificial Verde
O II Simposio en Intelixencia Artificial Verde é unha iniciativa impulsada pola Cátedra Inditex-UDC en Algoritmos Verdes que se celebrará o 27 de abril de 2027 no CITIC da Universidade da Coruña. O evento desenvolverase en modalidade híbrida, con sesións presenciais na Coruña e acceso virtual para participantes remotos.
O simposio nace co obxectivo de xerar un espazo de encontro entre comunidade investigadora, sector empresarial e institucións para abordar os desafíos actuais da Intelixencia Artificial desde unha perspectiva de sustentabilidade e compromiso ambiental.
O cambio climático afecta de maneira transversal ás nosas sociedades, e a actividade computacional —incluíndo os modelos de IA e os centros de datos— é xa unha fonte significativa de emisións de gases de efecto invernadoiro. Fronte a este reto, a Cátedra propón un enfoque multidisciplinar e cooperativo que permita avanzar cara a algoritmos máis sostibles, modelos energéticamente eficientes e aplicacións que contribúan activamente á loita contra a crise climática.
Conferencias convidadas
O simposio contará con relatores destacados a nivel internacional que achegarán unha visión crítica e multidisciplinar sobre os retos e oportunidades da IA no desenvolvemento sostible.
Proximamente anunciaremos as conferencias convidadas.
Contribucións
O II simposio abre a súa convocatoria de contribucións para investigadores, profesionais e estudantes interesados en explorar o potencial da IA para a sustentabilidade.
Aceptaranse contribucións en formato de comunicación oral ou póster, cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. Valoraranse propostas de investigación, desenvolvementos técnicos, aplicacións prácticas e reflexións éticas ou sociais.
As persoas interesadas en participar deberán enviar un resumo (abstract) dun máximo de 800 caracteres, indicando a área temática do seu traballo, a través do formulario dispoñible a partir do 1 de decembro de 2026. Aceptaranse propostas redactadas en galego, español ou inglés.
Cada proposta será avaliada por dous membros do Comité Científico, que valorarán a súa calidade e adecuación temática, e propoñerán a súa modalidade de presentación: comunicación oral ou póster. Tamén se contemplará a posibilidade de rexeitar propostas que non se axusten ao enfoque do simposio.
As persoas cuxas propostas sexan seleccionadas deberán enviar un traballo cunha extensión máxima de 2 páxinas, incluíndo referencias. As instrucións detalladas para a preparación dos traballos publicaranse tras a notificación de aceptación.
Tanto as comunicacións orais como os pósteres poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do simposio: galego, español ou inglés.
Priorizaranse propostas aliñadas coas liñas de investigación da Cátedra, entre as que se inclúen:
- Algoritmos energéticamente eficientes: Baixa resolución, HPC, computación no bordo, aprendizaxe federada, computación cuántica, estruturas de datos compactas, PLN eficiente.
- IA para eficiencia enerxética e sustentabilidade: Movilidad, edificios intelixentes, simulación de comportamentos sociais, economía circular, aplicación da IA en sectores estratéxicos.
- Robótica sostible: Interacción ambiental, produción verde, eficiencia en hardware e software embebido.
- Implicacións éticas, sociais e económicas dos algoritmos verdes: Avaliación de impacto, gobernanza algorítmica, xustiza e sustentabilidade desde a IA.
O programa publicarase proximamente.
Datas clave
| Apertura do envío de abstracts | 1 de decembro de 2026 |
|---|---|
| Data límite para envío de abstracts | 19 de febreiro de 2027 |
| Notificación de aceptación | 10 de marzo de 2027 |
| Envío do traballo completo (máx. 2 páxinas) | 24 de marzo de 2027 |
| Rexistro anticipado | Ata o 31 de marzo de 2027 |
| Rexistro xeral | Ata o 20 de abril de 2027 |
Rexistro
A participación no simposio é gratuíta, pero require inscrición previa. O formulario de rexistro estará dispoñible proximamente.
Premios
Co obxectivo de recoñecer o traballo de investigación máis relevante e orixinal, o Simposio en Intelixencia Artificial Verde outorgará tres premios ás mellores contribucións presentadas nas seguintes categorías:
- Premio Green-in: Á mellor contribución centrada en algoritmos energéticamente eficientes ou estratexias que reduzan a pegada de carbono da Intelixencia Artificial.
- Premio Green-by: Á mellor contribución que utilice a IA como ferramenta para promover a sustentabilidade e o desenvolvemento de aplicacións con impacto positivo no medio ambiente, a eficiencia enerxética ou a planificación urbana.
- Premio ás Implicacións Éticas, Sociais e Económicas: Á mellor contribución que aborde de maneira crítica e rigorosa os aspectos éticos, sociais ou económicos vinculados ao desenvolvemento e despregamento de algoritmos verdes.
Os premios anunciaranse na clausura do evento e farase entrega dun diploma acreditativo.
Xestión do evento
Verónica Bolón Canedo
Laura Morán Fernández
Xosé Manuel García García
María Merelas Ares
Amparo Alonso Betanzos
Jorge González Domínguez
Susana Ladra González
Isabel Novo Cortí
José Pernas García
Francisco José Rey Vizoso
Jorge Rodríguez Álvarez
Francisco Javier Sanz Larruga
Eva Patricia Soto Antonio
Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes
Centro de Investigación TIC
Campus de Elviña s/n – 15071 A Coruña – España