Verónica Bolón, Premio Nacional de Investigación Nova 2024
A Directora da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes, Verónica Bolón Canedo, vén de recibir o Premio Nacional de Investigación 2024, “polo seu excelente traballo en múltiplas áreas da aprendizaxe automática, sendo salientable a súa investigación para a promoción da sustentabilidade da intelixencia artificial, con clara aplicación social, usando os seus algoritmos de seleción de características para o diagnóstico de enfermidades ou a detección de verteduras no océano.”