Converxencia verde para un futuro sostible

10 de decembro ás 12:00 hrs.

Convergencia verde para un futuro sostenible

O Ciclo de Conferencias da Cátedra INDITEX – UDC de IA en Algoritmos Verdes foi inaugurado coa conferencia da consultora e deseñadora de proxectos Alba Meijide, titulada “Innovación Responsable”. 

Na mesma, a relatora abordou como a intelixencia artificial pode ser unha ferramenta clave para avanzar cara a un futuro sostible. A través de dous exemplos prácticos, explicou de que maneira o deseño eficiente de sistemas de IA permite combinar sustentabilidade e eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles.

Entre as conclusións, destacou que a IA xenerativa representa un desafío pola súa elevada esixencia computacional, pero tamén unha oportunidade se se toman decisións técnicas adecuadas no deseño dos sistemas. Subliñou a importancia de avaliar e elixir modelos de IA eficientes, independentemente da súa aplicación, para garantir a sustentabilidade e maximizar o impacto positivo.

Esta conferencia, enmárcase na actividade organizada pola Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes, que ten como obxectivo promover a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento no ámbito da intelixencia artificial e dos algoritmos verdes co fin de contribuír ao desenvolvemento sostible e á protección do medio ambiente.

Martes 10 de decembro ás 12:00 hrs

No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)

Galería de imaxes