11 de decembro
Estímase que por cada consulta a ChatGPT de entre unhas 20 a 50 preguntas, consómese medio litro de auga. Imaxinemos co boom e a demanda que existe agora mesmo de IA Xenerativa e os millóns de persoas que somos neste planeta, Poderías facerche unha idea do consumo aproximado que isto xera?
Neste episodio participa Verónica Bolón Canedo, Profesora na Facultade de Informática da Universidade da Coruña e investigadora do CITIC Centro de Investigación TIC – Universidade da Coruña. E non só iso, senón que recentemente concedéronlle o Premio Nacional de Investigación 2024 polo seu labor de investigación con aprendizaxe automática na área de sustentabilidade. E hai uns días a Universidade de Stanford incluíuna na prestixiosa lista Top 2% Científicos no mundo.