A Cátedra recibe o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do CPEIG

Hoxe tense publicado esta nova, que supón un recoñecemento moi especial…

A Cátedra obtén o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, concedido polo ​Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

O traballo da Cátedra no ámbito da Intelixencia Artificial e os algoritmos verdes ten sido recoñecido polo CPEIG con este galardón, que valora a nosa actuación en investigación, formación, transferencia e difusión e divulgación nestas temáticas.

Este premio ten moito significado para nós, ao ser concedido polos nosos colegas da profesión.

A cerimonia de entrega do premio terá lugar o vindeiro día 12 de xuño en Santiago de Compostela, no evento A NOITE do CPEIG.

Enormemente agradecidos por esa distinción, que evidencia do impacto da nosa actividade e dános azos para continuar nesta apaixonante tarefa de sensibilización sobre a necesidade dun deseño e aplicacións responsables da IA.

Galería de imaxes