A Cátedra recolle o Premio ODS na Noite do CPEIG

O pasado 12 de xuño, a Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes participou na Noite do ​Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Neste evento, que reúne unha fantástica representación transversal do sector, tivemos a honra de recoller o Premio “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”, concedido en base ao traballo da Cátedra no desenvolvemento e promoción da aplicación da IA máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.

Recolleu o premio a directora da Cátedra, Verónica Bolón Canedo, de mans de Esther Miñana Lloret, de Inditex, e de Almudena Justo Martínez, de Fujitsu. Tamén asistiu ao evento unha representación do equipo, integrada por Oscar Fontenla Romero, Richard Duro, David Vilares Calvo, Brais Cancela Barizo, Samuel Magaz Romero e Xosé Manuel García, RTTP.

Unha noite chea de emocións, na que ademais puidemos ter unha panorámica das moitas iniciativas desenvolvidas no último ano polas empresas e profesionais colexiados, e na que a Universidade da Coruña -representada pola Vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña-, tivo tamén unha importante presenza en varios dos galardóns concedidos.

Galería de imaxes