Amparo Alonso e Verónica Bolón, membros do Comité Asesor do Laboratorio de Ideas da AESIA

A AESIA, Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial, ten lanzado o seu Laboratorio de Ideas, que entre outras funcións de relevancia, vai desenvolver no seu primeiro ano de vida varios ámbitos de traballo de moito interese, vinculados ao despregamento da Intelixencia Artificial:

– Impacto na imaxe e dignidade das mulleres
– Desinformación vinculada á IA
– Xeración de contornos dixitais seguros para a infancia
– Certidume na xestión da transición do emprego

E unha nova moi satisfactoria para nós é a designación de Amparo Alonso e Verónica Bolón Canedo, investigadoras da Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes e do CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña como membros do Comité Asesor que vai acompañar o traballo do Laboratorio de Ideas.

Pensamos que esta dobre designación supón un importante recoñecemento do peso histórico da Universidade da Coruña na investigación da Intelixencia Artificial e as súas aplicacións.

Galería de imaxes