23 de outubro ás 12:00 hrs.
A Cátedra INDITEX UDC de IA en Algoritmos Verdes lanza a segunda edición do seu ciclo de conferencias, “Converxencia Verde: IA para un Futuro Sostible”.
O ciclo comezará cunha conferencia a cargo de Iago Suárez, PhD, enxeñeiro informático e especialista en IA con ampla experiencia tanto no sector público como no privado, tamén como emprendedor tecnolóxico.
A súa presentación, titulada “Percorrido a través da eficiencia na Visión Artificial”, explorará a evolución da IA e a VA, desde algoritmos baseados en CPU ata métodos altamente paralelos baseados en GPU e NPU. Será un relatorio cun enfoque práctico.
Venres 23 de outubro ás 12:00 hrs
No CITIC – Centro de Investigación en TIC (UDC)